
Chegaba a Fórmula 1 a Hungría cargada de polémicas ao redor da escudería Benetton-Ford. No ano en que se agardaba o retorno da figura popular de Senna á victoria o guión se rompera por todos os sitios e o panorama era totalmente distinto.
No inicio do Mundial a figura que emerxeu foi a dun xoven xermano chamado Michael Schumacher e Ayrton Senna era pouco menos que humillado na pista. Ano de eliminación de axudas electrónicas, ano no que a calidade do piloto se debía impor, decían. ZAS, en toda a boca.
O caso era que a FIA confiscara a caixa negra dos Benetton en busca dalgún tipo de control de saida. Non se atoparon probas do mesmos, pero sancionaron á escudería con 100.000 $ por negarse a facilitar os códigos fonte. É algo que xa afondei en anteriores anotacións da temporada 1.994, pero é evidente que si queremos darlle a volta ao asunto non nos resulta demasiado difícil. Porqué debería Favio Briatore deixar ao descuberto os seus segredos, nun deporte onde o secretismo é o garante do éxito?
Debido á polémica en Silverstone, estaba enriba da mesa unha posible sanción de dúas carreiras sin participar no Mundial (aquelo de que o piloto non debía sair perxudicado dos erros/trampas da súa escudería non se estilou ata o 2007). O asunto resolveríase logo do GP de Bélxica.
Na única “trampa” na que pillaron a Benetton foi no da modificación ilegal do sistema de repostaxe. Pero no momento da celebración do GP de Hungría só había data para a celebración da vista con relación a isto: 19 de outubro.
Cabía preguntarse si logo de todas aquelas investigacións finalmente había algunha dúbida sobre os resultados de Schumacher. O Benetton puido ter empregado un control de saída. Pero de qué lle valía iso para acadar a pole prácticamente cada Sábado? E un control de tracción (por outra parte nunca detectado o máis mínimo indicio da súa existencia) permitía a Schumacher sacarlle só cinco décimas máis a Damon Hill e o seu Williams. Damon sacáballe cáseque segundo e medio ao seu compañeiro David Coulthard. Os feitos daban a entender que ou ben Schumacher era superior a Damon Hill (o tempo deu e quitou razóns) ou ben ambos facían trampas.
Si os rumores de trampas entorno a Benetton fosen certos, Damon Hill sería un auténtico talento que avergonzaría a Schumacher baixo outras circunstancias. Nunca se produxo ese feito máis que nos soños do británico e dos seguidores dos de Enstone. O tempo colocou a cadaquen no seu sitio e confirmou que, como cáseque sempre, a envexa e pode que a impotencia fora a causa de tales rumores.
Onde os campións deixan pegada é na pista e en Hungaroring comezaban a ruxir os motores. Schumacher, Hill, Coulthard e Berger ocupaban as dúas primeiras filas.
Na saída o alemán non saía moi ben. Tentando pechar a Hill, que se defendía, chegan á primeira curva. O lado bo é para Schumacher. Xa era cuestión de tirar e punto. Os Williams e Berger mantiñan as súas posicións orixinais.
Coa primeira repostaxe de Schumacher Hill quedaba en cabeza, á espera da súa entrada, e o alemán quedaba en segundo lugar. Nas 18 primeiras voltas (ata a repostaxe) Schumacher e Hill tiñan sacado tanta diferencia aos seus inmediatos perseguidores que xa lles sacaban unha repostaxe de ventaxa. Eis unha das claves do éxito de Schumacher: depósitos menos cheos e estratexias con máis paradas.
A volta pola victoria se determinaría segundo as repostaxes de Damon e os tempos de Schumacher en pista. Os dobrados comezaron a xogar o seu incómodo papel moi pronto. Ainda que, como é evidente, tanto Hill como Schumacher sufriron similares efectos e as diferencias entre ambos non quedaron significativamente influidas por este feito. Once segundos, pendentes da repostaxe de Damon.
A tónica xeral do 94 se impuña. Philippe Alliot, que sustituía a Mika Hakkinen logo do seu accidente en Alemania, veía como o seu Mclaren-Peugeot decía basta ás primeiras de cambio.
E finalmente había movemento nos boxes de Williams. Unha mala repostaxe facía perder uns valiosos segundos a Hill, pero non ocultaba o evidente. As estratexias eran diferentes e Schumacher debería gañarse o posto no caixón máis alto a base de voltas rápidas cun depósito con menos peso.
O curioso era comprobar que namentres Damon esaba perseguindo a Schumacher no primeiro tramo da carreira, o alemán non era quen de despegarse do británico, pero en canto as estratexia para as repostaxes os distanciaban, as diferencias de tempos por volta entre ambos aumentaban en favor de Michael. Aproveitaba o británico a estela do Benetton ou eran as estratexias as que marcaban as diferencias? O feito era que logo de ter repostado unha vez cadaquen Schumacher tiña trinta segundos de ventaxa, os suficientes como para entrar unha vez máis en boxes que o seu rival.
E así foi. Coa segunda entrada en boxes de Schummi o primeiro posto no corría perigo. Tal era a superioridade do 5 de Benetton que no momento de dobrar ao Ferrari de Berger o xermano se permitiu o xesto de agradecer o bo comportamento do austríaco, que lle deixou a porta aberta co fin de non molestarlle, cando nin siquera o precisaba.
O quinto clasificado, Alesi no seu Ferrari, xa era o primeiro dobrado, ainda que naqueles momentos ainda lle quedaba unha repostaxe por realizar ao primeiro clasificado. A estratexia de tres repostaxes e coa fe de que Schumacher faría o resto, a victoria estaba servida. Non cabía dúbida de quen merecía e sería o campión do mundo aquel ano. Poucos agardaban o golpe de efecto da FIA para “incrementar o espectáculo”.
Cáseque no final do Gran Premio Alesi abandonaba e lle daba o quinto postoa Verstappen, o segundo Benetton en pista. A sorpresa era Brundle, que se mantiña a un paso do podios, ainda que todos agardaban que non remataría. Pero era Coulthard o que abandoaba e colocaba ao Mclaren do británico en postos de privilexio. Era agora Verstappen o que quedaba a un paso da gloria.
A loita máis interesante estaba en averiguar que rabuñaba o punto que otorgaba o sexto clasificado. Blundell e Panis loitaban por el, co francés indo a por todas. Non tiveron que pelexar moito. Berger era o que abandoaba. No último momento Vestappen acadou o terceiro posto grazas ao agardado problema mecánico no segundo Mclaren que polo menos lle permitiu rematar o Gran Premio. Schumacher, Hill, Verstappen, Brundle, Blundell e Panis obtiñan puntos en Hungaroring. O xermano lideraba o Campionato Mundial con 76 puntos, seguido de Damon con 45 e de Berger con 27.